1. Tratamento de datos persoais
RUBICON LABS comprométese co cumprimento da normativa española e europea de protección de datos de carácter persoal e garante o cumprimento íntegro das obrigas establecidas, así como a aplicación das medidas de seguridade previstas no Regulamento xeral de protección de datos (RGPD).
2. Formularios de contacto e correos electrónicos
Cando unha persoa usuaria se comunica con RUBICON LABS enviando un correo electrónico a
info@rubiconlabs.es, os datos persoais recibidos, como o seu enderezo de correo e a información incluída no corpo da mensaxe, utilizaranse
exclusivamente para xestionar a consulta, enviar respostas e facilitar o orzamento ou a información solicitada.
Así mesmo, cando unha persoa usuaria cobre o formulario integrado na web, RUBICON LABS recompila o nome, o correo electrónico, o idioma e o contido do brief para xestionar a solicitude, enviar o PDF solicitado, realizar o seguimento comercial e conservar o contacto potencial nunha base de datos interna.
3. Dereitos da persoa usuaria
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en RUBICON LABS estamos a tratar datos persoais que lle concirnen ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron.
Para
exercer estes dereitos, a persoa usuaria pode enviar un correo electrónico a
info@rubiconlabs.es.