1. Datos identificativos
En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da
Lei 34/2002 , do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, a continuación recóllense os seguintes datos:
- Titularidade: RUBICON LABS (en diante, «a Empresa»).
-
Actividade principal: Desenvolvemento de software, deseño de produto dixital e consultoría.
-
Contacto: Para calquera consulta, podes contactar connosco a través do correo electrónico
info@rubiconlabs.es.
- Domicilio: Pontevedra, España.
2. Persoas usuarias
O acceso e/ou uso deste portal atribúe a condición de persoa usuaria, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as condicións xerais de uso aquí recollidas.
3. Propiedade intelectual e industrial
RUBICON LABS, por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos nela, incluídas as imaxes, o son, o audio, o vídeo, o software, os textos, as marcas, os logotipos, as combinacións de cores, a estrutura e o deseño ou os materiais utilizados.
Todos os dereitos están reservados.
4. Ligazóns
No caso de que na páxina web se dispuxesen ligazóns ou hiperligazóns cara a outros sitios da Internet, RUBICON LABS non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso asumirá responsabilidade ningunha polos contidos dunha ligazón pertencente a un sitio web alleo.
5. Modificacións
RUBICON LABS resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas no seu portal, e poderá cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través del como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados.